Máis de 300 traballadores reclaman melloras no polígono industrial de Bamio

VILAGARCIA> Os traballadores do polígono industrial de Bamio recollen firmas polo mal estado no que se atopa a área empresarial. O xornaleiros reclaman melloras nos accesos e nas comunicacións. Piden aos concellos de Vilagarcía e de Catoira e á xunta de Galicia un proxecto de reforma do polígono industrial.

Os traballadores das empresas do polígono industrial de Bamio comezan a mobilizarse ante o mal estado no que aseguran que se atopa a área empresarial. Os xornaleiros, en común acordo coas direccións das corporacións, presentaron no concello de Vilagarcía un escrito firmado por máis de 300 traballadores. Reclaman diferentes melloras.

As súas reclamacións van destinadas a tres administracións: A xunta de Galicia, o concello de Vilagarcía e o de Catoira. Os traballadores piden un proxecto conxunto para mellorar a área es as comunicacións do polígono.

Dende o concello de Vilagarcía xa tiñan constancia destas demandas por parte doutro sindicato. Aínda así póñense a disposición da CIG e das empresas para buscar unha solución aínda que aseguran a zona é competencia da xunta de Galicia.

Aproveitando a ocasión dende o concello tamén solicitan á xunta que acometan otras demanda como as beirarrúas de Bamio. Pola súa parte dende a CIGA anuncia que continuarán mobilizándose. A primeira actuación terá lugar o mércores cunha manifestación no polígono industrial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí