A Basket Cup de Vilagarcía arranca en marzo con ‘¿Podes segui-lo ritmo?’

    VILAGARCÍA > A Basket Cup medra. E as actividades en torno ó torneo tamén. A organización do evento e mailo concello prepararon para a edición deste ano unha versión sociocultural. Así ó tempo que se potencia o torneo de baloncesto recádanse fondos para financialo.

    Quico Cadaval e Carlos Blanco, serán os encargados do espectáculo ‘¿Podes segui-o ritmo?’ que se celebrará o día 18 de marzo, a partir das 22:30 horas, no Auditorio Municipal. A actuación mesturará monólogos e contacontos, e servirá de presentación para a Vilagarcía Basket Cup que se celebrará no mes de abril coincidindo coa Semana Santa.

    Os prezos das entradas, que están xa á venda a través da web www.caixanova.es, do número de teléfono 902 504 500 ou na casa da Cultura do municipio, oscilarán entre os 8 e os 6 euros. Iso si, o espectáculo, a petición dos seus creadores, non será apto para menores de 13 anos.

    Redacción Salnés