Milleiros de persoas póñense a remollo por San Roque

    FESTAAUGA2 copia.jpg VILAGARCÍA> As rúas da cidade convertéronse nun auténtico fervedoiro de xente pedindo auga. Entre os participantes, moito turista e algún que outro Olímpico.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_AUGA_2012.flv{/flowplayer}

    Con vivas a San Roque. Así abría hoxe o día en Vilagarcía, onde a auga correu un ano máis polas rúas e non porque chovera. Ó contrario. Un sol radiante favoreceu que milleiros de persoas inundasen as rúas centrais da capital arousá para remollarse na celebración por excelencia das súas festas patronais: a Festa da auga.

    A xornada comezaba en torno ás doce menos cuarto da mañá, cando os participantes se arremuiñaron no entorno da capela de San Roque tras acompañar ó Santo no seu traslado desde a igrexa parroquia. Logo do pregón, e descargado o primeiro caldeiro de auga dábase por inaugurada a Festa da auga. Entre os participantes, moito turista, e algún que outro olímpico.

    Tras unha mañá de remollo, os servizos de limpeza tomaron o relevo ós festeiros, para recuperar a imaxe de Vilagarcía no menor tempo posible.

    Redacción Salnés