![]()
A ILLA> O sol e variedade e frescura do producto, o mellor reclamo desta festa. As carpas estarán abertas ata o día 19.
{flowplayer}images/salnes/FestaMarisco_160812.flv{/flowplayer}
A variedade na oferta gastronómica e os prezos asequibles levaron a centos de visitantes a facer parada na Illa de Arousa, na Festa Gastronómica do Mar. O evento, prolóngase durante varias fins de semana de agosto e está organizado polo Céltiga Club de Fútbol, que basea gran parte do seu orzamento nos cartos sacados nesta festa.
Para dar exemplo, o adestrador do primeiro equipo, Manuel Núñez, que non quixo perder a oportunidade de pasarse polas carpas.
Os visitantes destacan da festa a calidade e variedade do producto ofertado, a súa frescura e os prezos populares. A gran maioría non dubida en recomendala ós seus amigos.
As carpas continuarán abertas ata o domingo 19, en horario de 11:30 a 16:30 e de 19:30 ata as 23:00.
Redacción Salnés









