Caixabank colabora na loita contra a violencia de xénero con Amigos de Galicia

    VILAGARCÍA> Asesoramento xurídico, social e laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero. É o obxectivo do programa Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, que vén de recibir unha aportación de 24.000 euros por parte da Obra Social de La Caixa. 214 mulleres de toda Galicia, están a recibir, xa desde o ano 2010, apoio xurídico, social e laboral, a través do proxecto Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, con sede en Vilagarcía. O director da Área de Negocio de Pontevedra reiterou o compromiso da Obra sOCial de La Caixa con este tipo de causas. Nesta ocasión a Obra Social de la Caixa aportou 24.000 euros a esta programa de Galicia en Igualdade.