Os veciños poderán conectarse mañá á depuradora de Lois

    depuradoralois100_270307.jpgRIBADUMIA > O Concello anunciou hoxe que redactará o proxecto de saneamento integral par a parroquia de Lois. Arestora contan …

    … con este servizo as vivendas da estrada xeral, da Bouziña e de Seara. Precisamente estes veciños son os que poderán a partir de mañá conectarse coa depuradora de Lois, inaugurada esta mesma tarde.

    depuradoralois200_270307.jpgOs veciños das parroquias de Lois, en Ribadumia, e Paradela, en Meis, que dispoñan de rede de sumidoiros xa poden conectarse a partir de mañá ó servizo da depuradora de augas residuais domésticas instalada en Lois. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, maila alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña inauguraron esta tarde a infraestructura. A nova depuradora supuxo un custe duns 160 mil euros cofinanciados por fondos FEDER e está enmarcada no proxecto europeo Deputrans. É similar á instalada no Facho en Cambados. Está baseada nun tratamento biolóxico e ó ser unha depuradora prefabricada e compacta non produce lodos, malos olores nin ruídos.

    depuradoraloisauga200_270307.jpgA empresa repartiu entre os veciños unha serie de folletos nos que se explica o funcionamento desta depuradora e de como colaborar para que iso se faga do mellor xeito. Ata esta planta chegaría auga residuais domésticas, e cos tratamentos que recibe nas diversas cámaras a auga sae totalmente limpa e depurada, e polo tanto pode volver ó couce do río totalmente limpa e incluso podería ser empregada para o rego.

    Na parroquia de Lois arestora poderían verter os seus residuos a esta depuradora as vivendas emprazadas ó longo da estrada xeral, e nos lugares de Seara e A Bouciña. Para o resto, agora que xa está definida a rede camiños da Concentración Parcelaria, o Concello anuncia que ten en proxecto a rede de saneamento integral. A depuradora de Lois está pensada para dar servizo a unhas cincocentas vivendas.

    Redacción Salnés