![]()
BARBANZA> O prezo da gasolina volve roldar máximos históricos na segunda quincena vacacional do mes de agosto.
{flowplayer}barbanza/subagasolinaagosto.flv{/flowplayer}
Coa chegada da tempada estival increméntanse os desprazamentos e con eles a demanda de combustible. Isto tradúcese nunha suba dos prezos que neste mes de agosto volven acadar máximos históricos.
Malia que non queda outra que pagar os condutores amósanse indignados e consideran que a suba que debe asumir o consumidor non é equiparable o incremento do prezo do petróleo.
Medidas de aforro
Para aforrar, son moitos os que tentan limitar os desprazamentos en coche máis hai a quen non lle queda outra opción.
Lonxe queda iso tamén de encher por completo o depósito e cada vez son máis os que optan por repostar en pequenas contías máis asumibles.
Redacción Barbanza







