Afectados polas preferentes protestan de novo ante os bancos

    protesta_preferentescopy.jpgSANXENXO> Centenares de persoas o fixeron en toda Galicia. En Sanxenxo participaron case medio centenar de persoas.

    {flowplayer}images/salnes/PECHE_SUCURSAIS_PREFERENTES.flv{/flowplayer}

    Ataviados con camisetas, pancartas e todo tipo de instrumentos e coreando consignas de rexeitamento ós bancos e á clase política. Así protagonizaron en Sanxenxo os afectados polas preferentes do Salnés unha nova concentración.

     Unha protesta que se sumou ás restantes que se celebraron en toda Galicia ás portas das sucursais de Novagalicia Banco chegando incluso, nalgúns casos, a motivalo seu peche. O obxectivo era reclamar, unha vez máis, que lles devolvan os seus cartos e manifestar o seu rexeitamento á opción da quita do 70%.

    En Sanxenxo case medio centenar de persoas participaron na concentración. E é que aseguraron que xa están fartos de que pase o tempo e sigan sen ver os seus cartos. Mesmo, confesaron que están dispostos a non retiralo diñeiro do banco sempre e cando llos teñan asegurados.

    E por suposto que ata que non lles dean unha solución no van cesar no intento. Neste contexto, mañá plataformas de afectados de toda Galicia protagonizarán unha manifestación masiva por diferentes rúas do concello de Sanxenxo.

    A manifestación será a partir das once da mañá e sairá do Pazo Emilia Pardo Bazán para rematar na sucursal de Novagalicia Banco de Portonovo. A día de hoxe hai preto de cincuenta mil afectados en toda Galicia.

    Redacción Salnés