Fole reserva os primeiros postos da lista ós seus estreitos colaboradores

    PARTICIPACIONCIDADA100 copia.jpg VILAGARCÍA> O PP irá desvelando o que será o seu organigrama de goberno no caso de gañar as eleccións. Nel haberá unha área de Atención Cidadá.

    {flowplayer}images/salnes/ATENCION_CIDADA_PP.flv{/flowplayer}

    Marta Rodríguez, actualmente deputada do PP no Parlamento Galego, Manuel Tarrío, patrón maior de Vilaxoán, Rocío Llovo, e Luis Garrigós. Son os catro nomes que ocupan os primeiros postos da candidatura de Tomás Fole ás municipais de Vilagarcía. O alcaldable popular rodéase así dos seus máis estreitos colaboradores cos que xa está deseñando o organigrama dun posible goberno municipal no caso de gañar o 22-M. E pouco a pouco vaino a dar a coñecer. É o caso da área de Atención Cidadá, da que se encargará Rocío Llovo. Un departamento no que serán atendidas e respondidas as demandas dos vilagarciáns nun máximo de 48 horas.

    Segundo explican os populares, a Área de Atención cidadá nace da experiencia destas lexislaturas, nas que a asistencia de veciños ós plenos para manifestar as súas protestas son constantes. O departamento, din no PP, será unha mostra da ‘comunicación e transparencia’ pola que avoga este partido.

    Redacción Salnés