Os traballadores do GES de Valga denuncian que o seu despido é nulo

VALGA> Os traballadores do GES de Valga piden que sexan readmitidos. Presentaron xa unha demanda argumentando que se trata dun despido nulo. Hoxe concentáronse ás portas do Concello para esixir unha solución á súa situación. Lamentan que o alcalde non os queira nin recibir.

Malia a chuvia, os traballadores do GES de Valga saíron á rúa para reclamar unha solución á súa situación. O grupo de emerxencias supramunicipal deixou de presta-los seus servizos o pasado 31 de decembro, pero os seus empregados non dan a batalla por perdida. Puxeron todo en mans da xustiza, ó entender que se trata dun despido nulo. Queren ser readmitidos.

Os traballadores lamentan que o goberno local rexeite reunirse con eles. Din que seguen sen dar creto ós argumentos do alcalde para dar carpetazo a este ser vizo.

O GES de Valga contaba na actualidade con 10 traballadores no cadro de persoal. Aseguran non ter ningún tipo de información sobre o traslado do servizo a Caldas ou a posibilidade de seren contratados alí.

Segundo advirten, a concentración de hoxe non será a derradeira. Ameazan con novas mobilizacións ata que a súa situación laboral sexa resolta, ben da man dunha negociación ou a través da xustiza.