Unha octoxenaria morre por intoxicación por monóxido de carbono

     MEAÑO> Segundo os Bombeiros do Salnés podeu deberse ó mal mantemento dun quentador que había na vivenda.

    {flowplayer}images/salnes/AnciaFalecida_180413.flv{/flowplayer} 

    Os bombeiros recibían o aviso dun escape de gas contra as 23:30. Primeiramente achegábanse ata o lugar dos feitos, na parroquia de Outeiro, en Meaño, os efectivos de Ribadumia. Alí atopáronse xa co cadáver dunha muller de 89 anos. 

    Un particular foi o que deu a voz de alarma solicitando unha ambulancia para socorrer á muller. Cando chegaron os efectivos médicos, e malia realizar as manobras de reanimación, nada puideron facer por salvarlle a vida.

    As causas que propiciaron o escape aínda están por esclarecer. Non é a primeira vez que acontece unha desgracia coma esta e que afecta a persoas de avanzada idade. Segundo oxfe do Parque de Bombeiros do Salnés, David Padín, podería deberse ó mal mantemento dun quentador que había na vivenda.

    Redacción Salnés