![]()
SANXENXO> O Concello de Sanxenxo dispón este ano de máis de 55 millóns de euros de presuposto municipal.
{flowplayer}images/salnes/PLENO_SANXENXO_ORZAMENTO.flv{/flowplayer}
SANXENXO> O Concello de Sanxenxo dispón este ano de máis de 55 millóns de euros de presuposto municipal. Son dez millóns menos que o ano pasado, precisamente a cantidade que se deixará de ingresar neste exercicio en concepto de licenzas. Isto obrigará ademais a reducir os investimentos, para o que se reservan once millóns.
O grupo de José Luis Rodríguez, VIPS, abstívose neste punto, e BNG e PSOE votaron en contra destas contas. A oposición botou en falta numerosos investimentos. Os nacionalistas propuxeron unha partida para promover a formación e a creación de emprego e para favorecer as instalacións industriais. PSOE e VIPS criticaron tamén os gastos de persoal.
No pleno de onte deuse coñecemento da renuncia de Paz Lago á súa dedicación exclusiva e tomou posesión o novo concelleiro do BNG Albino González Caneda, que se estreou co debate de presupostos.
Redacción Salnés







