As obras da rotonda da Barquiña estarán rematadas no próximo verán

NOIA> Acompañada do alcalde, Santiago Freire, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, achegouse á vila noiesa para supervisar o inicio das obras da nova glorieta no cruce da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550, ata a alameda.

A actuación , cun orzamento de máis dun millón de euros, deberá estar rematada no próximo verán.

A Conselleira aproveitou a súa visita a Noia para  destacar o compromiso do Goberno galego coas necesidades do municipio, reflectido no proxecto de Orzamentos para o 2023, no que se inclúen obras tan importantes como as da mellora da depuradora de augas residuais e o abastecemento de auga.

Un aspecto este, o do compromiso da Xunta co investimento no municipio, que agradeceu o alcalde, Santiago Freire.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí