A policía local de Rianxo incorpórase ó sistema Vioxen

RIANXO> A Policía Local de Rianxo incorporarase ó sistema Vioxen contra a violencia de xénero. Mediante a adhesión a esta rede estatal, os axentes disporán de información sobre tódolos casos activos para realizar un seguimento.

O concello de Rianxo e a subdelegación do goberno da Coruña asinaron un protocolo para a incorporación da policía local do municipio ó sistema Vioxen. A xunta local de seguridade aprobou as bases do convenio que posteriormente será asinado co Ministerio de Interior para facer efectiva a entrada do corpo rianxeira no operativo estatal de loita contra a violencia de xénero.

O sistema permitirá á policía dispoñer de máis información sobre os casos activos de violencia machista, de xeito que os propios axentes poderá asumir o seguimento e control dalgún dos casos, xeralmente os considerados de risco baixo mentres que a Garda Civil xestiona os máis graves.

A incorporación á rede estatal supón un paso máis nas políticas de igualdade adoptadas polo concello coa adopción de numerosas medidas contra a violencia de xénero que a partir de agora serán máis efectivas grazas á mellor coordinación entre os distintos recursos e corpos de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí