A directora xeral de Xuventude participa nunha xornada de `mentoring’ no IES da Cachada

    BOIRO> A iniciativa forma parte do proxecto da ‘República Creativa’ que promove o Concello A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou con alumnado do IES A Cachada de Boiro a unha das sesións de ‘mentoring’ que se están a levar a cabo no propio instituto e nas que participan empresarios do mundo das artes que explican a súa experiencia. Esta actividade enmárcase no proxecto ‘República Creativa” que está a desenvolver o propio Concello ó abeiro da convocatoria de axudas para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude da consellería de Política Social. Segundo sinalou o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, unha das principais finalidades desta iniciativa impulsada dende o Concello é a de mellorar a empregabilidade da mocidade achegándolle experiencias profesionais de éxito próximas, proporcionándolles ós mozos poder coñecer novos nichos de emprego e tratando de fomentar a posta en marcha de iniciativas novidosas. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado apoiou este proxecto cunha achega duns seis mil euros.