SANXENXO> O actor Federico Pérez, ‘Josito’ en Padre Casares, e o xornalista Terio Carrera foron os encargados de presentar a Gala da Volta Ciclista a España, que tivo lugar onte en Sanxenxo. No acto, celebrado na Praza dos Barcos, estiveron presentes numerosas autoridades locais e provinciais.
{flowplayer}images/salnes/GalaVolta_230812.flv{/flowplayer}
A Praza dos Barcos de Sanxenxo acolleu a gala de presentación das tres etapas que van discorrer pola comarca do Salnés. O acto, aberto ó público, foi dirixido por Terio Carrera e amenizado polo actor Federico Pérez.
Carrera foi o encargado de ir desgranando o máis destacado do que se vivirá a vindeira semana no Salnés, coa chegada da décima etapa a Sanxenxo, a contrarreloxo Cambados-Pontevedra e a etapa en liña entre Vilagarcía e o Mirador do Ézaro. Antes diso, o luns 27, terá lugar a Marcha Ciclista Solidaria, tamén en Sanxenxo e ó día seguinte, previo á chegada da Volta, celebrarase a Volta Junior Cofidis.
Paralelamente a Deputación programou tres xornadas de concertos, en Vigo, Baiona e tamén en Vilagarcía, o día 29, no que actuarán El columpio asesino, Eladio y los seres queridos, Moon Cresta, Amable Dj e Iván DJ. Unha completa axenda de actividades que dende as institucións animan a participar delas a tódolos veciños.
Ademais das verbas de como Gustavo César Veloso tamén houbo tempo durante a gala para felicitar unha vez máis ós olímpicos pontevedreses, que tan bos resultados acadaron en Londres.
Redacción Salnés