Sanxenxo estará controlado dende primeira hora da mañá

    SANXENXO> O goberno local deu a coñecer cal vai ser o operativo que se porá en marcha o día 28.

    {flowplayer}images/salnes/OperativoTraficoVolta_240812.flv{/flowplayer} 

    A chegada da Volta a España suporá un importante esforzo a nivel organizativo para Sanxenxo. Hoxe foi presentado o plan de seguridade viaria para o día 28, que contará coa colaboración estreita da organización da proba.

    Os accesos a Portonovo e Sanxenxo estarán controlados dende as oito da mañá e as interseccións por onde atravesará o pelotón da Volta curtaranse ás catro da tarde. O momento crítico será entre as 16:05 e as 16:35, cando practicamente todo Sanxenxo esté pechado ó tráfico.

    O acceso principal ó centro de saúde estará pecharase dende as tres da tarde e posteriormente tan só poderá acceder a el a través de pistas secundarias. Con todo, dende a Policía Local aseguran que serán instalados paneis informativos e enviarase información ós veciños de Sanxenxo para dar a coñecer a afectación do paso da Volta. 

    Os desprazamentos entre Sanxenxo e Portonovo terán que facerse pola Vía Rápida. En total a Policía Local mobilizará 34 axentes pola mañá e 45 pola tarde. Pola súa parte, Salvador Durán, edil de seguridade cidadá, pedíu comprensión á cidadanía para ese día no que a Volta tomará Sanxenxo.

    Redacción Salnés