O 80% do centro comercial está xestionado e en marcha

    cc_vilanova_copia100.jpgVILANOVA> O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, presentou, esta mañá, o plano definitivo do centro comercial que se levantará en San Miguel de Deiro.

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Gonzalo Durán afirmou que o Centro Comercial é unha esperanza de futuro nunha época negra de crise. Está previsto que a posta en marcha desta zona comercial levará con sigo a creación de 500 postos indirectos e outros 500 directos, así como un investimento de 47 millóns de euros. Durán declarou que a empresa Desarrollos Vilanova xa presentou o documento de modificación puntual na Xunta.

    O centro comercial ocupará uns 84.000 metros cadrados, dos que o 80% xa están negociados. O principal tirón vai ser o hipermercado, que está xestionado pola firma Alcampo. Tamén incluirá todo tipo de tendas, ademais de cines e un espazo de ocio para os usuarios. Estarán dispoñibles preto de 1.000 prazas de aparcadoiro. A través deste recinto comercial, os cidadáns terán un acceso directo á vía rápida.

     En canto o polígono de Baión, Durán afirmou que xa se venderon parte das parcelas e que hai varias empresas que están presentado o anteproxecto para facer as naves. O alcalde de Vilanova sinalou que neste momento necesítase moita promoción e interlocución coas empresas interesadas no polígono.

    Redacción Salnés