Cambados ensina aos máis pequenos a camiñar con seguridade polas rúas

CAMBADOS> Cambados celebra o día mundial da seguridade viaria cunha actividade para concienciar aos nenos e nenas do colexio de Corvillón. Os estudantes recibiron unha clase teórica sobre seguridade nas estradas e a continuación realizaron unha práctica na que tiveron que facer tanto de peóns como de condutores.

O concello de Cambados volveu a involucrarase coa mobilidade segura, sostible e sustentable coa celebración do día mundial da seguridade viaria. Este ano, a actividade centrouse no colexio de Corvillón, onde os máis pequenos gozaron dunha xornada de concienciación.

A policía local xunto coa DXT impartíronlles primeiro unha clase teórica e logo puideron poñer os seus coñecementos en práctica nun circuíto. Dende o centro consideran fundamental que os máis pequenos aprendan dende curta idade a comportarse nas rúas.

Os máis pequenos demostraron o aprendizaxe adquirido, aínda que a algún custoulle respectar os sinais.

Os nenos e nenas puideron facer tanto de peóns como de condutores, sendo nesta última parte na que máis lles custou decatarse das sinais e os semáforos.

Na actividade participaron os neno e nenas de todas as idades do CEIP de Corvillón en diferentes quendas. Unha xornada para que os máis pequenos aprendan a coñecer as sinais e poidan camiñar máis seguros pola rúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí