O PP de Caldas non acude ó pleno ó que se levaron os orzamentos do 2012

    ppcaldascopy.jpgCALDAS> A sesión tivo lugar esta tarde. O fixeron, explicaron, porque creen que o goberno local convocou a sesión no mes de agosto para silenciar á oposición.

    {flowplayer}images/salnes/GOLDAR_ORZAMENTOS_CALDAS_2012.flv{/flowplayer}

    O concello de Caldas de Reis levou esta tarde a pleno extraordinario os orzamentos do 2012. Unha sesión á que non acudiron os membros do Partido Popular. O seu voceiro xa anunciaba a súa ausencia pola mañá. Nese momento, Jesús Goldar lamentou tomar esa decisión pero asegurou que o goberno local só convocou a sesión para o mes de agosto para esquivalas valoracións da oposición.

    polo tanto, foi unha decisión que foi tomada, explicou, para que servise tamén de chamada de atención para o goberno local tras tomala decisión de celebrala sesión no mes de agosto, cando é sabido, subliñou, que moitos concelleiros están ausentes, entre eles do PP e o edil independente.

    Desde as filas populares aseguran que mesmo lle expuxeron a opción de retrasala celebración do pleno uns días ó que obtiveron unha resposta negativa. Isto denotou, para Jesús Goldar, que a intención de convocar en agosto foi ‘premeditada’ xa que as contas se poderían debater no pleno ordinario de setembro.

    Por último, Goldar fixo fincapé en que os orzamentos xa deberían estar aprobados o 31 de decembro do ano pasado. Aínda así informou que fará a súa valoración dos mesmos no pleno no que se resolvan as alegacións ó documento. Polo de agora valorou que son unhas contas nas que só se amosa a falta de rigor por parte do goberno local á hora de xestionalos cartos dos caldenses.

    Redacción Salnés