VILAGARCIA> A Xunta de Galicia investirá 600 mil euros na rehabilitación da capela da illa de Cortegada. O presidente, Alfonso Rueda, anunciou que as obras sairán a licitación as vindeiras semanas co obxectivo de protexer este ben cultural. Con este obxectivo tamén están traballando os usuarios de Bata dentro do proxecto Cortegada Biodiversa.
A Asociación Bata puxo en marcha o programa Cortagada Biodiversidade. Un plan que nace con dous obxectivos, coidar o medio ambiente da contorna da Illa de Cortegada e á vez dar emprego e permitir a inserción laboral de 15 usuarios do centro.
Co programa non axudarán só á Illa de Cortegada, se non tamén a toda a costa de Vilagarcía, dende Vilaxoán ata Bamio. Ante o bo facer do seu traballo, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, achegáronse a Cortegada para ver en primeira persoa o desenvolvemento deste proxecto.
O presidente confesou que era a primeira vez que visitaba Cortegada e destacou a súa beleza. Alfonso Rueda considera que é unha illa que hai que poñer en valor e por iso anunciou que rehabilitará a capela de Cortegada.
A obra sairá a licitación por un importe de 600 mil euros. Dende a Xunta queren que esta capela se sume aos bens de interese cultura do Parque Nacional das Illas Atlánticas.