![]()
VILAGARCÍA> Carlos Oubiña foi reelixido hoxe como presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía …
{flowplayer}images/salnes/pleno_camara.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Carlos Oubiña foi reelixido hoxe como presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, na sesión constitutiva do pleno desta corporación. O acto, celebrado este mediodía, estivo presidido pola directora xeral de Comercio, Nava Castro.
Para esta nova etapa anunciou a creación dunhas comisións consultivas que se encargarán de transmitir o traballo de cada sector ó comité executivo. Indicou tamén que en outubro farán o novo presuposto, coa intención de aumentar a dotación destinada ó comercio exterior, ó que lle dedican arestora dous terzos. En setembro xa teñen proxectada unha misión comercial en Noruega e a próxima será con Xapón.
A formación será outros dos piares desta nova etapa da Cámara de Comercio. Carlos Oubiña aproveitou a presenza de Nava Castro para reclamar apoio da Xunta de cara a reformar a Formación Profesional e orientala ás necesidades reais das empresas. O mesmo queren facer coa oferta formativa que fan desde a Cámara.
Oubiña indicou que espera mellorar a labor feita nos últimos 8 anos.
Redacción Salnés










