SANXENXO> Outro dos puntos onde xa celebran o 2020 é en Sanxenxo. Alí recibiron o ano novo este mediodía, con uvas, lacasitos e moita festa. Ó ritmo das badaladas da Casa do Concello, moitos tamén aproveitaron para contarnos os seus propósitos para o ano que agora comeza.
En Sanxenxo xa celebran o 2020. A localidade recibiu este mediodía o ano novo, ó ritmo das badaladas do consistorio.
Pois si, foron 12 as badaladas. Detrás desta iniciativa está unha asociación da localidade, que dende hai uns anos festexa cos veciños a chegada do ano novo. Iso si, cada quen que o celebre, papando o que máis rabia lle dea.
Moitos veciños e visitantes non quixeron perder esta cita, para moitos unha antesala do que está por vir esta noite.
Para algúns, esta despedida do ano adiantada serve de consolación ó non poder gozar desta noite de xoldra.
O pre fin de ano sanxenxino serviu tamén para que moitos nos avanzaran os seus desexos de cara o ano que vén.
Pois para que todo o que veña sexa bo e para esquecer todo o malo, na festa tamén aproveitaron para queima-los vellos calendarios deste 2019, que xa despedimos.