![]()
O SALNÉS> Os dous tripulantes galegos do Vega 5 veñen de ser postos en liberdade. Tanto o capitán do atuneiro,o muradán Alfonso Rey Echeverri, …
…de 42 anos; como o contramestre José Alfonso García de Pontevedra estiveron retidos por piratas somalíes uns 137 días, ou o que é o mesmo, catro meses e medio; logo de que os piratas somalíes secuestraran a embarcación na que navegaban fronte a Mozambique o pasado 28 de decembro. Ámbolos dous permanecen arestora baixo a custodia da empresa Pescanova, empresa para a que traballan nunha das súas filiais.
Aínda se descoñece a data da súa chegada e o estado ou secuelas que poden padecer logo deste longo cautiverio. Aínda así, os seus familiares non podían agochar a súa felicidade tras esta boa nova.
Lembremos que o VEGA 5 fora afundido por axentes da Mariña India no pasado mes de marzo xunto cos seus tripulantes, ó percatarse de que o atuneiro estaba a ser empregado como nave nodriza dos malfeitores. Daquela os dous galegos xa estaban en terra a recaudo da organización dos piratas.
Redacción Salnés








