A confraría de Rianxo estrea un sistema de venda online

    RIANXO> Do mar ó prato, ou case. A confraría de pescadores de Rianxo vén de poñer en marcha unha iniciativa que permite servir o produto directamente ós compradores sen que estes teñan que pasar por lonxa. Dende hai varios meses vén funcionando no pósito rianxeiro un sistema de venda directa a maioristas. Persoal da confraría encárgase de adquirir o produto na subhasta en lonxa para os seus clientes e entregarllo no seu propio negocio. Un dos produtos que está a ter maior aceptación é a xouba, aínda que o servizo é extensible a calquera especie que pase por lonxa. Sen dúbida unha das cuestión que máis se tivo en conta po parte do pósito é que unha parte dos ingresos xerados por esas vendas revertan directamente nos propios petos dos mariñeiros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí