RIBEIRA> Ribeira pechará o ano coa segund edición do Carreira San Silvestre. A proba, organizada pola Escola de Boxeo El Canario e o Club Natación Ribeira, terá un fin solidario posto que os fondos recadados mediante donativos irán a favor da pequena Daniela Otero que padece unha enfermidade ultrarrara.
Deporte, festa e solidariedade. Estes son os tres piares da segunda edición da San Silvestre que se celebrará o día 31 na pista de atletismo da Fieteira. A carreira vai dirixida a tódolos públicos que poderán optar entre as numerosas distancias que ven dende os 100 ata os 5000 metros.
Ademais do seu carácter de celebración, o evento terá unha vertente social posto que os fondos recadados a través dos donativos destinaranse á familia da pequena Daniela Otero, unha nena boirense cunha doenza ultrarrara.
Tódolos participantes entrarán, co seu dorsal, no sorteo de numerosos agasallos doados polas empresas colaboradoras. Ó remate haberá chocolate con rosca e biscoito. As inscricións poderán realizarse o propio día na Fieteira, media hora antes do inicio da carreira previsto para as catro da tarde.











