Os viticultores apuran os últimos tratamentos antes da vendima

    tratamentos_fitosanitarioscopy.jpgSALNÉS> A finalidade é deixalas parcelas protexidas tendo en conta o prazo de seguridade que é preciso deixar antes da recolección.

    {flowplayer}images/salnes/ULTIMOS_TRATAMENTOS_VINA.flv{/flowplayer}

    En plena maduración dos acios e segundo as previsións iniciais para o comezo da vendima, a partires do 20 de setembro, estes días os viticultores das Rías Baixas están atarefados cos últimos tratamentos fitosanitarios. A finalidade non é outra que deixalas parcelas protexidas tendo en conta o prazo de seguridade que é preciso deixar antes da recolección.

    Neste último tratamento amais do antibotrítico preventivo é necesario incluír tamén un sulfato de cobre para seguir protexendo as follas. No que respecta ós insecticidas, este técnico non aconsella aplicalos.

    En canto á maneira de aplicalos tratamentos, non hai ningunha diferenza con respecto ós que se deron ó inicio da campaña. Sen embargo, naquelas parras que teñan cepas novas é aconsellable non empregar este tipo de produtos.

    Á espera de ver se se retrasa ou adianta a vendima un traballo que si se pode facer nestes momentos é o marcado daquelas cepas que presentan algún síntoma dalgunha enfermidade da madeira. Isto permitiranos facer unha poda separada e evitar que as plantas sans se infecten ó empregar as mesmas ferramentas de traballo.

    Redacción Salnés