O peche da hostalaría colle ‘co pé cambiado’ ao sector

VILAGARCÍA> O peche da hostalaría nos concellos con restricións non colle por sorpresa ó sector.  Moitos locais debátense entre baixa-la persiana ou aguantar cos pedidos para levar e as entregas a domicilio. Con todo, os hostaleiros lamentan que se poña o foco sobre o seu sector cando está demostrado que non é o principal foco de contaxios.

O anuncio do peche da hostalaría non sorprende entre os traballadores do sector. Contaban dende hai tempo que se acabarían tomando medidas, aínda que recoñecen que o precipitado da decisión os colleu co pé cambiado.

Esas vías limítanse agora ós pedidos para recoller ou no reparto a domicilio. Unha alternativa ó peche que, polo menos, permite mante-la actividade.

Dende Ahituvi lamentan que o foco estea posto sobre a hostalaría. Os hostaleiros vilagarciáns Insisten en que o sector non é o principal foco de contaxios.

Sobre as axudas, demandan garantías por parte das administracións que salven a moitos dos negocios do sector do peche definitivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí