Os concellos piden á cidadanía que non baixe a garda trala supresión das franxas horarias

SALNÉS/CALDAS> Nas comarcas do Salnés e do Ulla-Umia, algúns dos concellos que non teñen núcleos de poboación superiores aos 5.000 habitantes xa anunciaron a supresión das franxas horarias en todo o termo municipal. Outros, pola súa banda, prefiren optar pola cautela: no ven a norma clara, e agardan ás explicacións da Xunta. Iso si, todos chaman á responsabilidade cidadá para non baixar a garda ante o virus.

Ao igual que en Vilagarcía, en Cambados, o concello facía un chamamento á calma. O goberno recorda que aínda que algunas parroquias se manteñen por debaixo dos 5.000 habitantes, é posible que a proximidade entre elas e o núcleo urbano non permita a supresión das franxas horarias.

Ademais, outros municipios como Sanxenxo, Valga ou Caldas, a pesares de que como concellos si teñen máis de 5.000 habitantes, ao dividilos por parroquias non hai ningún núcleo que supere esta cifra. Polo tanto, anunciaron a supresión das franxas horarias para facer actividade física na rúa. Pediron aos seus veciños responsabilidade para manter o bo camiño na loita contra a pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí