![]()
VILANOVA> Esta fin de semana coincidirán a Festa do Mexillón e do Berberecho coa Feira de Comercio ou as celebracións relixiosas do Carme.
{flowplayer}images/salnes/FESTA_MEXILLON_VILANOVA.flv{/flowplayer}
A programación festiva arrinca este xoves coa apertura da carpa de degustación da feira do mexillón e o berberecho á unha e media da tarde. Este ano prevense servir un total de sete mil quilos de comida, posto que será tamén a edición que máis días dure: cinco días, ó alongala ata o luns que é festivo. Nas mesas, os comensais poderán saborear mexillóns e berberechos en distintas elaboracións, desde ó vapor ata escabeche ou en empanada. Pero tamén se servirán racións de polbo, navallas, e por primeira vez, ameixas á mariñeira. Todo a prezos de entre 3 e nove euros o prato. Como pregoeiro da celebración exercerá o cura párroco Antonio Sineiro, como homenaxe ós seus 50 anos de sacerdocio.
Parella á degustación discorrerá a feira de oportunidades. Abrirá do venres ó domingo en horario ininterrompido de 10 da mañá a medianoite. Este ano contará con seis establecementos máis con respecto ó ano pasado, en total 41.
Exhibicións de baile, xogos inchables para nenos, unha concentración de motos antigas no domingo ou a concorrida procesión do Carme polo mar, o sábado ás sete da tarde, son o outros dos atractivos que ofrece esta fin de semana o concello de Vilanova.
Redacción Salnés








