O buque insignia de Greenpeace chega a Vilagarcía advertindo dos irreversibles danos do cambio climático

VILAGARCÍA> O buque insignia de Greenpeace xa está atracado no porto de Vilagarcía. O Rainbow Warrior ofrecerá diversar actividades ó longo desta fin de semana para concienciar sobre o grave problema do cambio climático. Haberá propostas a bordo da embarcación, abertas a todo o mundo, pero tamén por diferentes puntos da cidade.

Vilagarcía é a derradeira parada do Rainbow Warrior en España. Tras pasar por Barcelona e Málaga e ser rexeitado por Vigo, o buque xa está atracado no peirao do Ramal. A embarcación insignia de Greenpeace abrirá as súas portas durante toda esta fin de semana para concienciar sobre a urxencia de actuar contra o cambio climático.

A embarcación terá as portas abertas para todo o mundo. Ademais de actividades a bordo e rutas guiadas polo veleiro, que permitirán coñecer como e a vida no seu interior, a organización ecoloxista preparou varias actividades por distintos puntos da cidade.

A pesar da polémica xerada polas trabas iniciais da Autoridade Portuaria vilagarciá, dende Greenpeace queren evitar enfrontamentos e recoñecen a colaboración prestada.

O Rainbow Warrior soltará amarras o vindeiro martes. Antes de abandona-la ría de Arousa fará unha parada simbólica preto da Illa en mostra de apoio ó proxecto de transición ene rxética que está en marcha no concello. A súa seguinte parada será La Rochelle, en Francia.