O Grupo Madeiras do Atlántico entra en fase de liquidación

    maderas_atlanticocopy.jpgCALDAS> O informaron desde a CIG despois de que hoxe venceran os dous meses que había para buscarlle unha solución ó grupo. Os 32 traballadores irán ó paro.

    {flowplayer}images/salnes/ERE_MADERAS_ATLANTICO.flv{/flowplayer}

    Os problemas de Madeiras do Atlántico remóntase a comezos do 2011 cando o grupo empresarial entrou en concurso de acredores. Pero non foi ata fai dous meses cando o grupo empresarial se puxo á venta. Ante a negativa de facela efectiva por parte da xunta de acredores, segundo informaron desde a CIG, o xuíz deulle, naquel momento, un prazo de dous meses ós administradores concursais para buscarlle unha solución. Hoxe venceu ese prazo polo que a empresa entra agora en fase de liquidación e os 32 traballadores da plantilla van para o paro, tras presentarse para eles un ERE extintivo fai quince días.

    Ademais, estes empregados, lamentaron desde a CIG, moitos xa esgotaron gran parte da súa prestación por desemprego xa que no último ano estiveron en ERE suspensivo. Ademais, a empresa aínda lles debe, a moitos deles, máis dunha anualidade. E por se fóra pouco, parte desas cantidades non as poderán recuperar.

    Agora, posto que non hai marcha atrás ante a inminente liquidación do grupo, o único que lles resta é tentar que os administradores concursais e a empresa lles recoñezan as débedas existentes para recuperar parte delas e agardalo resto que percibirán do FOGASA.

    O Grupo Madeiras do Atlántico chegou a contar con máis de 150 traballadores.

    Redacción Salnés