Boiro acolle este sábado a XXXV Promoción do Ciclismo-Gran Premio Ricardo Riveiro

BOIRO> Esta mañá era presentada no Concello a 35 edición da Promoción do Ciclismo de Boiro 2023 – Gran Premio Ricardo Riveiro.

A proba organizada polo Club Ciclista Barbanza, en colaboración coa concellería de Deportes, contará coa participación duns 300 rapaces de diferentes categorías base chegados de clubs de toda Galicia e incluso de Portugal.

A primeira das probas arrancará ás tres e media da tarde coa categoría alevín.  Habilitaranse varios percorridos acordes ás idades dos participantes, nos que se incluirá tamén a modalidade de ciclismo inclusivo.

Por segundo ano a proba servira de homenaxe ó presidente e fundador do Club, fai case 37 anos, Ricardo Riveiro,

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí