Santurtzi afianza o seu liderado na Eusko Label tras as regatas de Rianxo e Boiro

BARBANZA> Donostiarra e Santurtzi fixéronse esta pasada fin de semana coas bandeiras Barbanza Arousa e Concello de Boiro, respectivamente. As dúas probas disputadas en augas da ría de Arousa deixan se cadra máis reforzado o liderado da traíña bilbaína na Liga Eusko Label que suma 129 puntos na clasificación xeral. Séguena por esta orde Hondarribia con 120 e Zierbena e Donostiarra, as dúas con 105.

Discreto papel o ofrecido por Cabo de Cruz nas dúas regatas disputadas esta pasada fin de semana na ría de Arousa pertencentes á Liga Eusko Label, a competición de remo máis importante a nivel nacional.

A embarcación crucense obtivo un oitavo posto na primeira Bandeira Barbanza Arousa disputada na xornada do sábado en Rianxo. Un día despois diante da súa afección, Cabo de Cruz só puido ser décima.

Aínda así os boirenses seguen a ser a mellor embarcación galega da competición. Son oitavos con 65 puntos, por diante tamén de Ares e Tirán.

A vitoria de onte en Boiro e o segundo posto acadado na xornada do sábado en Rianxo, afianzan o liderado de Santurtzi na Liga Eusko Label que suma 129 puntos na clasificación xeral. Séguena por esta orde Hondarribia con 120 e Zierbena e Donostiarra, as dúas con 105.

A embarcación de San Sebastián coa vitoria en Rianxo, conseguía a primeira bandeira da tempada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí