Coche e copiloto novos para tentar rematar o Dakar

SANXENXO> José López Rivas está afinando a súa preparación de cara o vindeiro Dakar, no mes de xaneiro. Para o piloto de Sanxenxo, o obxectivo volve a ser rematar a proba. Desta volta vaino intentar facer cun coche novo e un copiloto experimentado.

{flowplayer}images/salnes/dakar_030912.flv{/flowplayer} 

José López Rivas ten fixado entre cella e cella rematar o Rally Dakar e todo apunta a que a edición de 2013 podería ser a boa. O cambio de coche vaille axudar, de seguro. Un Toyota que substituirá o xa anticuado Mitsubishi L-200, polo que pasará a militar na categoría T-2 e non na T-1, como o fixera ata o de agora.

Outra das grandes novidades que presenta este ano o equipo de Pepe López Rivas é o copiloto. Ó carón do lucense estará Diego Vallejo, campión de España de rallys xunto ó seu irmán Sergio e copiloto tamén de Dani Sordo en varias probas do mundial. O salto de calidade é importante para o Racing Dakart Marineda City.

López Rivas conta ra un ano máis co patrocinio de Marineda City, que sufraga boa parte dos custes desta aventura, que arrancará en Perú o 5 de xaneiro e rematará 15 díás despois en Santiago de Chile, deixando atrás case 10.000 quilómetros de percorrido.

Redacción Salnés