Pontevedra e Celta veranse as caras en Pasarón polo Trofeo Luis Otero

PONTEVEDRA> Pontevedra e Celta veranse as caras este mércores en Pasarón. Será no marco do Trofeo Luis Otero, un encontro ao que ambos conxuntos chegan en moi boa forma e que permitirá ver sobre o céspede pontevedrés algunha das estrelas destes equipos.

 

O Trofeo Luis Otero permitirá ver ao Celta xogar en Pasarón. O conxunto vigués enfrontarase este mércores ao Pontevedra Club de Fútbol.

Non é a primeira vez que os dous clubes mídense no marco deste Trofeo. Esta será a décimo sexta vez que Pontevedra e Celta se enfrontan para levar o Luis Otero. Ata o de agora, a historia foi favorable ao club celtista, que gañou en once ocasións. Á cita do mércores, os dous conxuntos chegan nun bo momento de forma, aínda que o club da capital mira cara o Celta como un exemplo a seguir.

Detrás da organización do Trofeo está tamén a Deputación. Con este encontro, buscan resaltar a figura do histórico futbolista galego Luis Otero, ademais de ofrecer aos pontevedreses a oportunidade de gozar dun bo partido de fútbol.

As entradas xa se poden adquirir, por prezos que van dende os 8 euros dos fondos norte e sur aos 15 da tribuna. Os socios terán que pagar un suplemento de 5 euros no caso de tribuna e preferencia e de 2 nos dos fondos. Os menores de 14 anos accederán a Pasarón de balde.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/ptac_trofeo_luis_otero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/ptac_trofeo_luis_otero.mp4{/flowplayer}