Os cadetes do Liceo soben ó podio da Semana Caixanova do Atlántico

liceo250.jpgVILAGARCÍA> Catro tripulacións do Liceo Casino de Vilagarcía acadaron postos destacados nas súas respectivas clases no terceiro ciclo da Semana Caixanova do Atlántico-GP Iberdrola, que concluíu a pasada fin de semana. En cadete, dous barcos co club arousán remataron no podio dunha regata clasificatoria para confeccionar o equipo galego cadete do 2010.

Olalla Monteagudo e Gipsy Rivas foron segundas, empatadas a 5 puntos cos tripulantes do anfitrión Real Club Náutico de Vigo Pablo Fernández e Marcial Peralba. Lois Rogel e Jacobo García remataron terceiros, no seu caso empatados a 8 puntos cos seus compañeiros liceístas Óscar Lages e Adrián Domínguez. No Trofeo Gadis de Snipe, Juan Debén e Gerardo Prego acabaron no cuarto posto. Nesta clase gañaron Jaime Mirada e Pablo Ríos, do RCN Vigo, empatados con Manuel Bermúdez de Castro e Ignacio Jiménez, do Real Club Náutico de A Coruña.

Redacción Salnés