Galicia traslada á UE as súas obxeccións á PPC

    O SALNÉS> O Goberno Galego ven de trasladar ó Executivo Central e ó Presidente da Comisión de Pesca no Parlamento Europeo…

    {flowplayer}images/salnes/alegacions_ppc_101012.flv{/flowplayer}

    … as obxeccións da nosa comunidade respecto á reforma da Política Común de Pesca, a coñecida como PPC. En concreto, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, fixeron entrega deste dictame ó secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Carlos Domínguez, e ao presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Gabriel Mato; no transcurso da cuarta Conferencia Mundial das Conservas de Peixes e Mariscos.

    Este dictame, aprobado o pasado venres polo pleno do Consello Galego de Pesca, recolle aspectos consensuados co sector, tan importantes para os sectores pesqueiro e marisqueiro galegos como o rexeitamento do sistema establecido para os Tacs e as cotas, ou a demanda de que os informes socioeconómicos das zonas pesqueiras teñan tanto peso como os científicos. Galicia pide tamén neste documento que se pospoña ata o ano 2020 a consecución do rendemento máximo sostible e a eliminación progresiva dos descartes. Reclama tamén que todo o producto do mar que se venda na Unión Europea teña que cumprir os mesmos requisitos; ó tempo que aposta pola diferenciación dos seus productos. Asemade, o Consello Galego de Pesca reivindica maior peso para as rexións á hora de tomar decisións que lle afecten directamente.

    O Presidente galego xustificou a necesidade de que a Unión Europea teña en conta estas medidas, dado o peso específico do sector mariño na nosa comunidade; onde por exemplo o sector conserveiro moveu durante o ano pasado o 86 % do total producido en España, dando traballo a case 12.000 persoas.

    Redacción Salnés