VILAGARCIA> Vixésimo terceira edición da Gala Anual da Fundación Galega contra o Narcotráfico. Unha iniciativa que recoñece o labor de persoas e entidades contra esta lacra. A cita vai ser o vindeiro venres, nun acto no que tamén se entregarán os premios do segundo certame de relatos xuvenís Contos do Camiño. A parte musical virá da man de Cantos da Terra.
Co obxectivo de recoñecer e poñer en valor aquelas persoas ou entidades que loitan contra a droga, a Fundación Galega contra o Narcotráfico organiza unha nova edición da súa Gala Anual na que farán entrega das Nécoras de Ouro.
A gala, que acada xa a súa vixésimo terceira edición, celebrarase o vindeiro 8 de maio no Auditorio Municipal de Vilagarcía. Ademais das Nécoras, entregaranse tamén os premios do segundo certame xuvenil de relato curto Contos do Camiño. Na parte musical, Cantos da Terra.
Dende a Fundación reivindican un día de celebración, a pesar do contexto complicado que estamos a vivir na loita contra a droga.
Un escenario que pon en alerta á Fundación ante o posible incremento da violencia entre organizacións de fóra e narcos locais.
E insisten na necesidade de que a loita contra o narcotráfico sexa unha prioridade máxima para as administracións.











