A OACL edita planos de situación dos comercios da súa área de influencia

    campanafomentocomercio.jpgBARBANZA> A iniciativa, cun custe duns 18 mil euros, foi elaborada ó abeiro do Plan Director do Comercio posto en marcha pola Deputación da Coruña.

    {flowplayer}barbanza/campanafomentocomercio.flv{/flowplayer}

    A Oficina de Apoio ó Comercio Local vén de editar planos de situación dos comercios das localidades con actividade comercial dentro do ámbito desta oficina. Trátase de Ribeira, a Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Porto do Son, Noia, Muros, Outes e Padrón. Unha tirada de mil exemplares por cada un dos concellos con maior número de comercios e de 500 para aqueles nos que a actividade comercial sexa menor cun custe duns 18 mil euros, financiados na súa totalidade pola Deputación da Coruña. A súa distribución será realizada polas distintas Asociacións de empresarios locais e as oficinas de Turismo para que cheguen ó maior número de persoas posible. A iniciativa non pretende máis que a dinamización do comercio local.

    Campaña Nadal conxunta

    Ademais aproveitouse o acto para dar a coñecer unha proposta de campaña comercial de Nadal que realizaría a Federación de Empresarios do Barbanza para tódolos concellos da área de influencia desta Oficina de Apoio ó Comercio Local, o que significaría que por primeira vez a totalidade das asociacións de empresarios da zona levarían a cabo esta campaña de xeito conxunto.

    Redacción Barbanza