Normalidade no primeiro día dun curso marcado polos recortes e Educación

    voltacolebarbanza.jpgBARBANZA> Máis de 200 mil alumnos en toda Galicia iniciaron as clases nos centros educativos de infantil e primaria.

    {flowplayer}barbanza/voltacolebarbanza.flv{/flowplayer}

    Normalidade absoluta neste primeiro día de clase na totalidade dos colexios de toda Galicia, despois do período vacacional. Nas comarcas do Barbanza, Sar e Muros Noia son máis de sete mil nenos os que volveron ás aulas de infantil e primaria, a excepción dos de Ribeira, que terán un día máis de vacacións pola festividade de Santa Uxía Son imaxes que se repiten tódolos anos por estas datas. Algunha que outra bágoa, como é habitual, aínda que na maioría dos casos sorrisos.

    Período adaptación

    Moitos destes nenos afrontaron o seu primer día na escola e, para que o cambio non resulte tan brusco, a maioría dos centros educativos están a desenvolver un período de adaptación.

    Importantes recortes

    Ademais dos recortes no profesorado e o aumento das ratios de alumnos por aula, este inicio de curso escolar virá marcado tamén pola suba do custe dos libros e do material escolar, a diminución no número de bolsas e maiores controis no uso dos comedores escolares. Toda unha serie de condicionantes que de seguro marcarán as economías de moitas familias, xa de por si castigadas por mor da crise.

    Educación Secundaria

    O próximo luns tocaralle o turno ós estudantes de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, Formación Profesional, ensinanzas artísticas e deportivas, así como tamén as ensinanzas para adultos.

    Redacción Barbanza