Vitaldent impulsa a calidade do XX Memorial Adolfo Pedrido

VILAGARCÍA> A capital arousá volverá a converterse esta fin de semana no foco de atención do xadrez co I Open Intercup Vitaldent. Celebrarase nas instalacións do Liceo Casino e estará organizado polo CX Fontecarmoa. Este evento enmárcase dentro do Memorial Adolfo Pedrido que tamén acollerá a semana que ven a celebración da novena proba do Circuíto de Promoción.

{flowplayer}images/salnes/PtacIntercupVitaldent_130912.flv{/flowplayer} 

O I Open Intercup Vitaldent Vilagarcía 2012 abrirá esta fin de semana a vixésima edición do Memorial Adolfo Pedrido. Grazas ó patrocinio da clínica dental, este ano o evento aumenta a contía dos premios e consecuentemente o nivel dos participantes. Ata o de agora hai máis de 100 inscritos entre os que se atopan varios mestres internacionais.

O gañador do torneo levarase 600 euros e en total serán repartidos 2.000. Como ven sendo habitual, celebrarase polo sistema Suizo a nove roldas con partidas de 20 minutos.

O Torneo Vitaldent celébrase esta fin de semana e a que ven terá lugar a novena proba do Circuíto Galego de Promoción, tamén encadrada dentro do Memorial Adolfo Pedrido. Neste caso reuniaranse 200 xogadores de categorías comprendidas entre Promesas e Infantís. Os tableiros desprazaranse nesta ocasión ata a Praza da Peixería.

Redacción Salnés