O BNG pide ó goberno que comprobe a legalidade dunha obra na Mámoa

    urbanizacionmamoa_100_140208.jpgRIBEIRA > O BNG reclama ó executivo que comprobe se a urbanización que se está a construír no lugar da Mámoa se axusta á legalidade urbanística vixente.

    {flowplayer}barbanza/urbanizacionmamoa.flv{/flowplayer}

    Tras observar o avance das obras nesta urbanización que se está a edificar na Mámoa, os nacionalistas cren que non se están a respectar os deslindes, especialmente no camiño a Cubelo, onde quedaría notablemente reducido o espazo para o tránsito.

    Por este motivo, solicitaron ó executivo municipal que realice as comprobacións pertinentes non só no referente a deslindes, senón tamén a alturas, superficie de ocupación e edificabilidade para garantir que se cumpren os criterios establecidos no planeamento urbanístico.

    Política escurantista

    Os nacionalistas teñen solicitado dende o pasado día oito de febreiro un permiso para consulta-lo expediente desta edificación sen que ata o momento lles fóse concedido polo goberno. Consideran que esta nova política, que requiere permisos previos para acceder ós documentos urbanísticos, responde a un afán escurantista que só favorece os seus propios intereses.

    Revisión PXOM

    Ante esta situación e outras similares que se están a dar no municipio, o BNG considera necesario que se proceda á revisión do PXOM posto que os erros que contén a actual normativa están a provocar auténticas aberracións urbanísticas.

    Redacción Barbanza