Noia acolle unha ludoteca solidaria en beneficio da ASGPOH

NOIA> O pavillón Alonso Rodríguez de Noia acolle este venres unha ludoteca solidaria de Nadal. O obxectivo desta cita, ademais de favorecer a conciliación, é recadar fondos para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. As familias de Noia que desexen realizar as últimas compras de Nadal este venres teñen á súa diposición un servizo de ludoteca entre as catro e as nove da tarde. O Ludo Nadal, que se desenvolverá no polideportivo Alonso Rodríguez, consisitrá nunha serie de xogos predeportivos para nenos de entre seis e doce anos, desenvolvidos polos monitores de Infantilandia. Ademais de facilitar a conciliación, esta actividade ten por obxectivo recadar fondos para a asociación galega de heteroplasia ósea progresiva, enfermidade rara que afecta a dúas xemelgas da comarca. O prezo da entrada é de tres euros, dous para o segundo irmán e de balde para o terceiro..