Boiroferta abrirá as súas portas do sete ó nove de agosto

    BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios prepara unha nova edición de Boiroferta. Será xa a décima edición e desenvolverase do sete ó nove de agosto. O emprazamento elixido volverá a ser a praza da Boqueira de Anegral, unha localización que xa se veu empregando os últimos anos e que deu resultados satisfactorios. A patronal local ten previsto instalar unha carpa de aproximadamente cincocentos metros cadrados na que terán acollida doce stands, na súa maioría de calzado, roupa e complementos. A feira estará aberta toda esa fin de semana en horario ininterrompido de once da mañá a dez da noite.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí