Irregular arranque da campaña do bou de vara en Arousa

    RIANXO> Rianxo e Cambados concentran a maior parte desta flota dedicada maioritariamente á volandeira, aínda que tamén se capturan outras especies como a nécora, o linguado ou o chopo. Pouco antes da subhasta, a maior parte dos mariñeiros da confraría de pescadores de Rianxo que participaron hoxe no inicio da campaña do bou de vara mostrábanse bastante insatisfeitos polos resultados acadados neste primeiro día. A pesar de que a cantidade de volandeira recollida durante esta primeira xornada foi bastante elevada, podendo capturar na maioría dos casos os topes establecidos, uns 50 quilos por mariñeiro e día ata un máximo de 150 quilos por barco, as sensacións non foron demasido boas. No que se refire ó resto de especies, a situación tampouco foi moi favorable.. E o peor é que as expectativas de cara ós próximos días tampouco son demasiado satisfactorias. Na lonxa rianxeira subhastáronse esta tarde uns 4.781 quilos de volandeira, cun prezo que rondou entre o euro e medio e o euro oitenta o quilo, uns 113 quilos de nécora e uns 267 quilos de faneca. Tamén se recolleron 132 quilos de chopo e 30 quilos de linguado, entre outras especies. Como xa acontecerá na campaña anterior as confrarías de Rianxo e Cambados acordaron establecer un prezo mínimo de un euro e medio o quilo para a volandeira e así evitar que se vendera por un prezo inferior a este.