Cabo de Cruz será porto de recalada da I Travesía Náutica Xacobea

    BOIRO> A inicitiva, que terá lugar este próximo sábado, está promovida por Turismo de Galicia que está enmarcada dentro dos actos cos que a Xunta de Galicia conmemora o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Este próximo sábado, 12 de xullo, o porto de Cabo de Cruz acollerá a chegada de 47 barcos que está a tomar parte na primeira Travesía Náutica Xacobea. Trátase dunha iniciativa promovida por Turismo de Galicia que está enmarcada dentro dos actos cos que a Xunta de Galicia conmemora o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. As embarcacións chegarán ata Cabo de Cruz dende dúas rutas distintas. Unha primeira que partiu da localidade italiana de Xénova o pasado 15 de xuño e outra que saía dende Ribadeo esta pasada fi nde semana. O presidente do Club Náutico Boiro Marina de Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, sinalou a importancia e ó orgullo que ten para a entidade que preside poder formar parte desta iniciativa. Dende o concello boirense tamén destacaron a importancia deste evento, e a relevancia da Travesía Náutica Xacobea, a primeira que se realiza.