Detido en Rianxo un veciño da Pobra por un presunto delito de tráfico de drogas

RIANXO> A Garda Civil de Rianxo, en colaboración coa Policía Local, detivo a un veciño da Pobra por un presunto delito de tráfico de drogas. Os axentes arrestárono durante un control de estrada, ó intentar agochar na man un envoltorio que contiña ó redor de 11 gramos de cocaína e preto de 1 de heroína.

Axentes da Garda Civil de Rianxo coa colaboración da Policía Local procederon á detención dun veciño da Pobra coma presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Os feitos tiveron lugar durante un control de estrada. Os axentes ó darlle o alto a un turismo, observaron como o seu condutor e único ocupante, trataba de esconder na súa man un pequeno envoltorio.Ó pedirlle que o mostrara, comprobaron que se trataba de cocaína e heroína, que unha vez realizadas as comprobación arrollaron un peso de ó redor de 11 gramos de cocaína e preto de 1 de heroína.

Unha vez realizadas tódalas dilixencias e o comiso das substancias, o prendido pasou a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Padrón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí