RIBEIRA> Durante a visita a conselleira do Mar destacou a importancia da formación marítimo-pesqueira, á que a Xunta destina este ano preto dos dez millóns de euros, a maior contía da última década.
Acompañada do director da Escola, Pedro Ribeiro, e xunto con parte do persoal docente do centro, a titular de Mar, fixo un percorrido polas instalacións para ver como está a ser este inicio de curso marcado pola covid. Durante a visita puido comprobar tamén o resultado da posta en marcha de diferentes medidas por parte da dirección para dar cumprimento a tódolos protocolos que establecen as autoridades sanitarias e garantir a seguridade, tanto de alumnos coma profesores.
Durante a súa visita Rosa Quintana puxo de relevo a importancia deste tipo de centros, de cara a garantir unha mellor formación marítimo-pesqueira coa finalidade de acadar a relevo xeracional no sector.
Neste sentido incidiu en que este ano as contías asignadas á formación no orzamento da consellería do Mar medraron máis dun 4%, chegando a un orzamento no seu total de preto dos dez millóns de euros, o que supón segundo ela a de maior contía da última década.
Posteriormente a titular de Mar desprazouse ata a Illa de Arousa para visitar tamén o IGAFA, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, outro dos centros na zona dependentes da Xunta.