Horsal e Hortumia piden axuda para medrar porque ‘hai oco no mercado’

    XORNADASHORTA copia.jpg CAMBADOS> A solicitude fixérona na presentación das II Xornadas da Horta e o Agro do Salnés, que terán lugar o 15 de setembro no Salón José Peña.

    {flowplayer}images/salnes/XORNADAS_COOPERATIVA_HORTA_130912.flv{/flowplayer}

    Desde as cooperativas Horsal e Hortumia aseguran que saben navegar no medio da crise e así o están demostrando. Pero para poder continuar medrando solicitan a axuda da administración, tanto a nivel económico como de promoción. Hoxe por hoxe teñen as súas portas abertas para a incorporación de novos socios, pero poñer en marcha un invernadoiro, o modelo de explotación máis rendible, supón un investimento de partida de 40.000 euros. Un desembolso que non está ó alcance de tódolos petos.

    Das liñas de axuda existentes nestes intres, a apertura ós mercados ou as vantaxes do selo de calidade ‘A Nosa Horta’, serán algúns dos temas que se tratarán este sábado na segunda edición das xornadas sobre cooperativismo na horta e o agro do Salnés. Celebraranse no Salón José Peña de Cambados, e nesta ocasión, aínda que cambian o formato, manterá nunha demostración culinaria a cargo dos chefs Antonio Botana e Yayo Daporta para amosar a calidade dos produtos destas cooperativas e axudar a promover a súa imaxe.

    Ó acto está convidada a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, que realizará unha visita ás cooperativas antes da inauguración oficial das xornadas.

    Redacción Salnés